COMPAÑÍA

 
A principios do ano 2012, Fran Godón propuxo ó Concello da Pobra do Caramiñal organizar un obradoiro teatral dirixido a adolescentes da vila. Xurdiu o Obradoiro Dramático P-12 (Pobra 2012). Pretendía ser un proxecto cultural e artístico que procurase esperta-lo interese pola arte dramática na xente máis nova. Como obxectivo secundario estaba profundar con estes mozos en diversos conceptos teatrais. Configurouse un grupo de sete mozas, que de seguido quedou limitado a cinco, e foise optando por outra vía de traballo ó observa-lo director a riqueza dos contidos transversais que posuían as propostas feitas polas actrices. Fixouse como obxectivo traballar sobre a situación da muller na sociedade actual e en distintos ámbitos socioculturais.

Axudadas polo director as mozas foron elaborando uns personaxes e unhas historias nas que se reflexionaba sobre algúns problemas das mulleres no noso mundo dando como resultado final unha pequena peza dramática titulada Retrato con muller ó fondo, que finalmente foi representada no teatro municipal e noutros locais da zona. Posteriormente decidiuse dar continuidade ó proxecto formativo e xorde o P-13, coas mesmas protagonistas e o mesmo director. Optouse por monta-lo texto CINZA, de Fran Godón, e xorde consecuentemente a compañía. 
A compañía compóñena:

Laura Brey


 
 
Clara González
Alba Pérez
 



María González
Sara García



Fran Godón