RETRATO CON...

Retrato con muller ó fondo é a primeira peza resultante do obradoiro teatral. Nela as actrices foron poñendo en práctica os conceptos traballados previamente creando unha serie de personaxes variados, con profundidade, intensos. Todos eles caracterizábanse por ser personaxes de mulleres que, dunha maneira ou doutra, debían afrontar os seus problemas e circunstancias.
 
Estreouse no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal na primavera de 2012.